Barbara
Cantatas, lamentos e cancións de Barbara Strozzi

 

RESONET

MERCEDES HERNÁNDEZ soprano
FERNANDO REYES  tiorba

Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Santiago de Compostela
venres 11 outubro 2019
20:00 

RESONET

Resonet fórmase en 1990 en Santiago de Compostela baixo o impulso do laudista Fernando Reyes, que dirixe o grupo, e a soprano Mercedes Hernández, tomando o seu nome dunha peza do Códice Calixtino. O fin de contribuír á reprodución das obras de arte musicais coa maior fidelidade posible lévaos a empregar instrumentos orixinais ou copias e técnicas vocais axeitadas aos diferentes períodos estéticos, buscando que estas obras afastadas no tempo adquiran significación musical e cultural na actualidade e poidan ser gozadas con toda a súa mensaxe e emoción, obxectivos que conducen a Resonet a realizar os seus propios proxectos de investigación e a que os seus concertos conleven, ademais, unha gran compoñente dramatúrxica. Resonet ten realizado numerosos concertos en toda Europa, cun repertorio que vai dende a música medieval galega á ópera veneciana do século XVII, pasando pola polifonía renacentista e a música barroca española, e dedicando unha especial atención á música relacionada co Camiño de Santiago, á que xa ten dedicado seis discos nos que non faltan músicas do Códice Calixtinoe cantos de peregrinos. Tamén ten gravado Cantares Galegos, desenvolvendo poemas de Rosalía de Castro sobre os cantos populares que a inspiraron, e Canto de Nadal, con músicas tradicionais galegas de Nadal. Os seus compoñentes, procedentes de distintos puntos de España e doutros países europeos, están especializados na interpretación da música antiga nos máis prestixiosos centros de formación de Europa, como o Conservatorio de Toulouse, a Musikhochschule de Trossingen ou a Schola Cantorum Basiliensis (Basilea). Resonet ten colaborado con institucións como o Departamento de Educación do Concello de Santiago e o Museo das Peregrinacións na realización de proxectos de investigación, concertos, discos, guías didácticas e exposicións.

PROGRAMA

 Barbara Strozzi (1619-1677)

Amor, non dormir più. Amor dormiglione. Op.2ª
Non ti doler mio corOp.6ª

 Udite amanti. L’Eraclito amoroso. Op.2ª

 Amore è bandito. Op.6ª
Vagò mendico il core. Il Romeo. Op.2ª
Cara FilliAmor non si fuggeOp.3ª

Lagrime mie. Lamento. Op.7ª

 E che diavol sarà questo!  Chiamata à nuovi amori. Op.2ª
Voglio morire. L’Amante segreto. Op.2ª

Spesso per entro al petto. La fanciulletta semplice. Op.2ª
Voi, voi pur. Begl’occhi, bel seno, bei crini e bella bocca. Op.2ª
Perle care. A donna bella crudele. Op.3ª

Timore e che sarà? Dialogo a voce sola trà le speranze e’l timore. Op.2ª

Gite, gite, o giorni dolenti. Per le Nozze de Ferdinando III d’Austria e di Maria Leopoldina d’Austria. Op.2ª

     Opera 2ª: Cantate, ariette e duetti. Venecia 1651
     Opera 3ª: Cantate, ariete a una, due e tre voci. Venecia 1654
     Opera 6ª: Ariette a voce sola. Venecia 1657
     Opera 7ª: Diporti di Euterpe overo Cantate e ariette a voce sola. Venecia 1659

 

BARBARA STROZZI
Mercedes Hernández / Fernando Reyes

Nada en Venecia o 6 de agosto de 1619 e filla de Isabella Griega, Barbara Strozzi foi adoptada polo intelectual Giulio Strozzi, poeta e dramaturgo. Estudou a arte da composición con Francesco Cavalli, o famoso compositor de ópera, e foi coñecida por ser unha cantante virtuosa, que desenvolveu a maior parte da súa actividade arredor da veneciana Accademia de gli Unisoni, fundada polo seu titor. A maior parte das súas obras musicais son obras vocais para unha voz e acompañamento escrito na técnica habitual do baixo continuo, unha liña melódica en clave de baixo, que pode ser interpretada por diferentes instrumentos, seguindo diversas pautas de acompañamento improvisado. A tiorba foi un dos instrumentos preferidos na Venecia de Barbara Strozzi para acompañar cantatas, ariette (cancionciñas) e mesmo motetes (unha especie de cantatas en latín) nos que esta compositora destacou, chegando a publicar un total de oito libros nas máis importantes editoras de Venecia. Estas edicións contribuíron a difundir a súa obra e a que acadase tanto ou máis éxito que outros compositores contemporáneos. A súa importancia na Venecia do seu tempo, como compositora especialmente, foi practicamente ignorada pola construción da Historia da Música italiana no século XIX, quedando así marxinada a un esquecemento que non se correspondía coa súa importancia histórica e cultural. Só nas últimas décadas do século XX, co estudo e inclusión das súas músicas na práctica habitual dos centros de educación especializados na Música Antiga, coa difusión das súas composicións por intérpretes profesionais e coa aparición de novos estudos e edicións, comeza a recuperar o lugar que, como compositora, lle corresponde nun mundo tradicionalmente reservado aos homes. Liberdade, lamento, petición de axuda, ruptura coas cadeas ou consello amoroso son conceptos que están moi presentes nas obras de Barbara Strozzi e que chegan a nós con total actualidade e novidade. As últimas novas da vida de Barbara Strozzi son de 1664…