CONFERENCIA INAUGURAL *
STEFANO RUSSOMANNO
Barbara Strozzi, a voz misteriosa
Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
luns 7 outubro 2019 – 20:00
* entrada libre até completar a capacidade do local
STEFANO RUSSOMANNO
Estudou musicoloxía na Università degli Studi de Milán. Entre 2001 e 2018 foi coordinador da sección de música do suplemento cultural de ABC. As súas investigacións céntranse preferentemente na música barroca e na música do século XX. Ten publicado artigos en revistas especializadas e colaborado con institucións como I Pomeriggi Musicali (Milán), Teatro Real, Fundación Juan March e Orquestra Nacional de España (Madrid), Festival de Música e Danza e Arquivo Manuel de Falla (Granada), Festival de Música Contemporánea de Estrasburgo, etc. Preparou a edición en castelán de El teatro a la moda de Benedetto Marcello (Alianza Editorial, 2001) e é autor dos ensaios Dante Alighieri y la música (Edicións Singulares, 2009) e La música invisible (Fórcola, 2017) e da novela El concierto (Fórcola, 2018).
Bárbara Strozzi, a voz misteriosa
As recentes investigacións permitiron reconstruír, ao menos en parte, a biografía de Barbara Strozzi (1619-1677), figura excepcional no contexto do primeiro barroco italiano pola calidade e amplitude do seu catálogo. Ningún compositor da época, homes inclusive, publicou tanto como ela. Desafiando os prexuízos do seu tempo, Barbara Strozzi foi autora dunha obra vocal onde sopran os ventos innovadores do novo estilo monódico.