A Biblioteca de Eleonore
Fantasías para viola da gamba de Telemann  

SARA RUIZ  viola da gamba

Igrexa da Universidade
Santiago de Compostela
martes 13 outubro 2020
20:00

Cita especial do festival, esta vez co Barroco alemán, na que Sara Ruiz presenta as recentemente descubertas fantasías para viola da gamba de Georg Philipp Telemann, obras de plena actualidade que veñen a enriquecer o rico legado froito do xenio dun compositor viaxeiro, considerado o máis prolífico da historia da música e contemporáneo de Bach e Haendel. Telemann deixou unha vastísima obra froito da súa inesgotable imaxinación musical e estas fantasías do xenio de Magdeburgo, máis alá de satisfacer as necesidades dos apaixonados da viola da súa época, estaban destinadas a converterse en pedra angular do repertorio para este instrumento. Foi a poetisa Eleonore von Münster quen gardou coidadosamente na súa biblioteca unha copia destas doce fantasías para viola solista que até hai moi pouco, 2015, se consideraban perdidas e que presentan un universo novidoso e diferente respecto ao repertorio para viola solista xa coñecido: unha xoia, sen lugar a dúbidas o máis importante achado para o repertorio de viola da gamba en tempos actuais, que tras durmir sumidas nun longo letargo, grazas á biblioteca de Eleonore, non volverán a ser esquecidas. Talentosa e laureada violagambista, Sara Ruiz colaboradora con prestixiosos conxuntos barrocos e dirixe o seu propio grupo La Bellemont, ao mesmo tempo que, como mestra no Conservatorio de Vigo, está a desenvolver unha extraordinaria labor formando en Galicia unha nova xeración de intérpretes de viola da gamba.

 

SARA RUIZ  viola da gamba

Nada en 1977 en Madrid en 1977, cidade onde comezou os estudos de viola da gamba con Itziar Atutxa e Pere Ros antes de trasladarse a Sevilla e obter o título superior con Ventura Rico. Rematou coas máximas cualificacións un post-grao con Lorenz Duftschmid na Musikhochschule de Trossingen (Alemaña) e entre 2004 e 2008 estudou con Vittorio Ghielmi en Lugano (Suíza). Ademais estudou música de cámara co laudista Rolf Lislevand e realizou cursos de perfeccionamento con Jordi Savall, Philippe Pierrot e Christophe Coin.

Colabora con ensembles da categoría de Ámsterdam Baroque Orquestra, Armonico Tributo Austria, Al Ayre Español, La Grande Chapelle, Neue Inssbrucker Hofkapelle, La Reverencia, La Tempestad, Consort de Violas da Gamba da Universidade de Salamanca, Orquestra Barroca de Sevilla, etc. Interpretou como solista o Concerto para frauta de pico e viola da gamba de Telemann xunto á prestixiosa orquestra La Cetra Barockorquester Basel. En 2006 gañou o terceiro premio e o premio especial á mellor interpretación da música de C. F. Abel no Concurso Internacional de Viola da Gamba “Bach-Abel” celebrado en Köthen (Alemaña) e cun xurado formado polos prestixiosos gambistas Wieland Kuijken, Paolo Pandolfo e Marianne Müller.

O seu primeiro disco como solista, La voix de la viole, gravado co seu ensemble La Bellemont e dedicado á música de Marin Marais, foi galardoado con 5 Diapasóns na revista francesa Diapason. En proceso de montaxe están os seus próximos rexistros dedicados ás suites para viola da gamba de François Couperin e ás fantasías de Telemann. O seu ensemble La Bellemont foi nomeado como mellor grupo barroco nos premios GEMA e o seu disco Plaisir sacré dedicado aos petit motets de Couperin foi nomeado aos prestixiosos premios ICMA (Internacional Classical Music Awards) na categoría de barroco vocal.

Foi profesora nos conservatorios superiores de Sevilla e Salamanca e na actualidade ensina viola da gamba no Conservatorio Superior de Música de Vigo, labor que compaxina cunha intensa actividade concertística. Foi profesora no Curso de Música Antiga de Galaroza, no Primeiro Encontro Ibérico de Viola da Gamba de Porto (Portugal) e no Forum Alte Musik de Sankt Gerold (Austria) e impartiu clases maxistrais en Wroclaw (Polonia), Vicenza (Italia) e Salzburgo (Austria). Forma parte do consorcio europeo Violanet, un proxecto para o desenvolvemento da viola da gamba xunto a Vittorio Ghielmi, Mieneke van der Velden, Marianne Muller e Bettinna Hoffmann e os conservatorios de Salzburgo, A Haia, Lyon, Florencia e Vigo. Sara Ruiz toca unha viola da gamba orixinal austríaca de principios do século XVIII.

 

PROGRAMA

Georg Philipp Telemann (1681-1767)
Fantasía 1 en do menor
Fantasía 5 en Si bemol Maior
Fantasía 3 en mi menor
Fantasía 6 en Sol Maior
Fantasía 7 en sol menor
Fantasía 11 en re menor

 

A Biblioteca de Eleonore
Fantasías para viola da gamba de Telemann
Sara Ruiz

Grazas á nobre poetisa Eleonore von Münster (1734-1794), que gardou coidadosamente na súa biblioteca privada unha copia das doce fantasías para viola soa de Georg Philipp Telemann (1681-1767), hoxe podemos escoitar esta xoia do repertorio para viola que até hai pouco se consideraba perdida. Os fondos de dita biblioteca foron transferidos no 2000 ao Arquivo Estatal da Baixa Saxonia e alí permaneceron até que en 2015 foron sacados á luz. O recente descubrimento das doce fantasías de Telemann representa sen lugar a dúbidas o máis importante descubrimento para o repertorio deste instrumento en tempos actuais.

Eleonore von Münster puido formar parte dun círculo de intelectuais afeccionados á viola da gamba que proliferaron na Alemaña postbarroca. A poetisa alemana, nostálxica dun instrumento co que un “olvida os problemas de cada día na quietude do solpor”, foi xunto a este grupo de amantes da viola fonte de inspiración para compositores como Telemann, que escribiu para a viola nun momento en que o instrumento se preparaba para vivir o seu ocaso e un letargo que duraría douscentos anos. Así como sucedeu coa viola, tamén as doce fantasías estuviron sumidas nun longo letargo, pero grazas á biblioteca de Eleonore, non voltarán a ser esquecidas.

Telemann deixounos un legado de altísima demanda técnica e inesgotable imaxinación musical que, máis alá de satisfacer as necesidades dos apaixonados da viola da súa época, está destinado a converterse en pedra angular do repertorio. Estas fantasías do xenio de Magdeburgo presentan un universo novidoso e diferente respecto ao repertorio para viola solista xa coñecido: Telemann combina o uso de liñas melódicas típico da linguaxe barroca alemana cunha escritura máis idiomática, caracterizada polo uso de dobres cordas, arpexios, distintos recursos polifónicos e posiciones de acordes que non se atopan noutros autores.
O que máis chamou a miña atención ao ler por primeira vez esta música é a cantidade de referenzas musicales (a outros autores, a outras épocas, a outros estilos nacionais) que toma Telemann para compoñer as súas fantasías e cómo recurre a ditas referenzas buscando en ocasións no pasado,
 ollando outras veces a os seus contemporáneos e apuntando con frecuencia ao 
futuro. Ademais, son un exemplo de
 cómo a influencia dos puxantes esti
los italiano e francés no repertorio para viola da gamba alemán non impediu que os autores xermanos crearan o seu propio estilo tomando elementos duns e doutros e mesturándoas coa súa propia tradición de composición. Daquela, atópanse referencias claras ao pasado en varios movementos lentos á italiana (“Grave” da Fantasía 8), escritos a imaxe e semellanza dos de Arcangelo Corelli e lembra aos mestres franceses ao través de danzas tomadas da suite (o “Allegro” da Fantasía 1 es una xiga e os “Vivace” das Fantasías 3 e 8 son minuetos). Por outra banda, escoitase na liña melódica da Fantasía 7 a polifonía implícita que lembra ao Bach das sonatas e partitas e incluso atopamos fugas nas Fantasías 1, 3 ou 9. Na súa proxección cara ao futuro, resulta doado comparar os minuetos destas fantasías cos que escribiría máis tarde Carl Friedrich Abel e tamén resulta sinxelo recoñecer os elementos do estilo galante e os deseños típicos do Empfindsamer Stil que Carl Philipp Emanuel Bach explotará años despois nas súas tres sonatas para viola da gamba (ritmos sincopados no “Vivace” da Fantasía 4 e tresillos sobre ritmos binarios na Fantasía 3).

Con respecto á forma, todas as fantasías divídense en tres movementos, a excepción da primeira que solo ten dous. Estes agrúpanse normalmente na forma clásica de concerto barroco rápido-lento-rápido ou na máis moderna lento-rápido-rápido, xa propia do estilo pregalante. En contraposición a esta regularidade formal, os recursos compositivos propios de cada estilo (francés, italiano ou puramente alemá) son usados libremente e as formas puramente barrocas (fuga, contrapunto imitativo) alternan coas do estilo galante. Ademais, atopamos elementos do rondó e do concerto, así como a alternancia entre danzas tradicionais e modernas. En cuanto á ornamentación, por unha banda, a escasez de adornos escritos na partitura incita a que aquela sexa completada polo intérprete e, por outra, o uso de calderóns suxire prolongar as cadencias con pasaxes improvisados; finalmente, os movementos lentos en estilo italiano, coas repeticións explicitamente sinaladas, preséntanse como oportunidades para que o gambista desplegué a súa imaxinación ornamental durante seccións completas. Telemann concibe esta obra de xeito que cada fantasía está tratada como un pequeño microcosmos. Preséntanse en doce tonalidades diferentes, o que outorga una cor e unha atmósfera propios a cada unha delas e, por iso, a pesar de formar un ciclo unitario, resultan doce historias curtas cun carácter individual moi ben delimitado.

 

DESCARGAR PROGRAMA EN PDF