OS INSTRUMENTOS DO BARROCO
charlas e encontros cos artistas e os seus instrumentos **
A actividade complementaria e didáctica do festival Ateneo Barroco formúlase co obxectivo de facilitar, dun xeito distendido e próximo, o achegamento aos artistas e os seus instrumentos, á música e a súa historia. As breves sesións, pensadas para calquera tipo de público e de non máis de media hora de duración, terán lugar durante as tardes (18.30h.) no espazo de celebración de cada actuación e, sen dúbida, contribuirán a preparar ao público para unha audición máis enriquecedora do concerto. Os protagonistas destes encontros serán os artistas do festival, músicos especialistas e profundos coñecedores das súas ferramentas de traballo, os instrumentos, dispostos a satisfacer dúbidas e curiosidades e a ilustrar e amosar as peculiaridades de instrumentos tan vencellados ao Barroco como o clave, a arpa, a viola da gamba ou a tiorba e mesmo a exemplificar unha das posibles formacións dun conxunto de cámara barroco, os seus instrumentos e as súas cores…
** entrada libre con aforo limitado a 25 persoas (admisión por orde de chegada)
Os instrumentos do Barroco # 1
O clave
FERNANDO LÓPEZ PAN
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
martes 8 outubro 2019
18.30
Os instrumentos do Barroco # 2
O ensemble. Bach, instrumentos, cores…
AMANDINE BEYER & GLI INCOGNITI
Teatro Principal
mércores 9 outubro 2019
18.30
Os instrumentos do Barroco # 3
A arpa de dúas ordes
MANUEL VILAS
Igrexa da Universidade
xoves 10 outubro 2019
18.30
Os instrumentos do Barroco # 4
A tiorba
FERNANDO REYES
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
venres 11 outubro 2019
18.30
Os instrumentos do Barroco # 5
A viola da gamba
FAHMI ALQHAI & RAMI ALQHAI
Teatro Principal
sábado 12 outubro 2019
18.30