INSTRUMENTOS, XÉNEROS E CONTEXTOS
charlas e encontros cos artistas, a música e os seus instrumentos

A actividade complementaria e didáctica do festival Ateneo Barroco formúlase co obxectivo de facilitar, dun xeito distendido e próximo, o achegamento aos artistas, aos seus instrumentos e os seus contextos, á música, a súa historia e os seus xéneros. As breves sesións contribuirán a preparar ao público para unha audición máis enriquecedora do concerto. Os protagonistas destes encontros serán os artistas do festival, músicos especialistas e profundos coñecedores das súas ferramentas de traballo, os instrumentos, dispostos a satisfacer dúbidas e curiosidades e a ilustrar e amosar as peculiaridades de instrumentos tan vencellados ao Barroco como a viola da gamba, o clave, a arpa e mesmo a exemplificar posibles formacións dun conxunto de cámara barroco, os seus instrumentos, as súas cores… Por mor da situación sanitaria, nesta segunda edición, estes encontros celebraranse inmediatamente antes do inicio do concerto co público xa acomodado na súa localidade.

Instrumentos, xéneros e contextos # 1
Haendel, ensemble e sonata
EDUARDO LÓPEZ BANZO
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
venres 9 outubro | 20:00

Instrumentos, xéneros e contextos # 2
Fantasía. Telemann e a viola da gamba
SARA RUIZ
Igrexa da Universidade
martes 13 outubro
| 20:00

Instrumentos, xéneros e contextos # 3
Os instrumentos e a ópera de salón
MANUEL VILAS
Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
venres 16 outubro | 20:00

Instrumentos, xéneros e contextos # 4
O clave en Francia
PIERRE HANTAÏ
Teatro Principal
martes 20 outubro | 20:00

Instrumentos, xéneros e contextos # 5
Rameau en trío, a música de cámara
DIEGO MAHUGO
Teatro Principal
sábado 24 outubro | 20:00