# laúdes #

ARS LACHRIMAE
unha historia do laúde

ENRIKE SOLINIS. laúde barroco / arquilaúde / laúde renacentista / guitarra barroca

John Dowland / Robert de Visée / Johann Sebastian Bach / John Johnson / Luys de Narváez / Alonso Mudarra / Sainte-Colombe / Gaspar Sanz / François Couperin / Jean-Philippe Rameau

Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia)
Santiago de Compostela
mércores 22 outubro 2025
20.30

 

O título do recital, Ars Lachrimae, toma como primeira referencia a maxistral e inspiradísima pavana de John Dowland. En termos estéticos, este programa para laúdes de Enrike Solinis supón unha reflexión fonda e primixenia sobre os afectos musicais, reflexo e paradoxo do ser humano, tan presentes en moitas creacións dos grandes mestres do Barroco, os que nas súas diferentes sensibilidades musicais e perspectivas estilísticas, temporais, humanas, xeográficas, laborais… están magnificamente representados neste Ars Lachrimae. Co seu laúde barroco, o seu arquilaúde, o seu laúde renacentista e a súa guitarra barroca, Enrike Solinis comparte en Ars Lachrimae unha parte da enorme variedade da familia dos laúdes; instrumentos de cuxa herdanza, dende a chegada a Europa de mans dos músicos árabes da Península Ibérica, da tradición dos seus tanxedores que sempre souberon transmitir o espírito fugaz de cada época e de acubillar grandes ideas dende a soidade do seu pequeno instrumento, da súa flexibilidade para a arte da adaptación, dan cumprida conta autores ingleses (John Johnson, John Dowland), españois (Alonso Mudarra, Luys de Narváez, Gaspar Sanz), franceses (Robert de Visée, Sainte-Colombe, Couperin LeMoyne) ou o mesmísimo Johann Sebastian Bach nestas suites, danzas e composicións seleccionadas por Enrike Solinis para deseñar a súa particular e persoal historia do laúde. Ars Lachrimae é unha patente demostración da sensibilidade do seu intérprete, recoñecido especialista en instrumentos de corda pulsada, virtuoso laudista; un artista atraído pola música de diferentes culturas, rexións e épocas que atesoura unha intensa, persoal e singular carreira que o ten levado a colaborar coas máis reputadas agrupacións de música antiga, compartindo a súa sobresaínte técnica e a súa versatilidade expresiva en prestixiosos escenarios, e a fundar o seu propio conxunto, o Euskal Barrokensemble que supón outra proba máis da rica diversidade da personalidade musical de Enrike Solinis.

 

Flat Pavan / Flat Gallard    John Johnson (1545-1594)
Pavana    Alonso Mudarra (1510-1580)
Romanesca    Luys de Narváez (1503-1547)
Urzo luma / Kontradantza   Anónimo
Preludium   John Dowland (1563-1626)
A Fancy

Suite BWV 997   Johann Sebastian Bach (1685-1750)
_Preludio
_Fuga
_Sarabande
_Double & Gigue

Suite en la menor   Robert de Visée (1655-1732)
_Prelude
_Allemande
_Mascarade
_Le pleurs   Monsieur de Sainte-Colombe (1640-1700)
_Chacona   Robert de Visée (1655-1732)

Suite en Sol Maior  Robert de Visée (1655-1732)
_Preludio
_Allemande   Étienne Le Moyne (1610-1677)
_Le Sylvains   François Couperin (1668-1733)
_Forlane
_Air de Zephirs   Jean-Philippe Rameau (1683-1764)
_Les Bergeries   François Couperin (1668-1733)
_Chacona   Robert de Visée (1655-1732)

Marionas e Canarios   Gaspar Sanz (1640-1710)

 

ARS LACHRIMAE

O título do recital, Ars Lachrimae, toma como primeira referencia a maxistral e inspiradísima pavana de John Dowland. En termos estéticos, este programa para laúdes de Enrike Solinis supón unha reflexión fonda e primixenia sobre os afectos musicais, reflexo e paradoxo do ser humano, tan presentes en moitas creacións dos grandes mestres do Barroco, os que nas súas diferentes sensibilidades musicais e perspectivas estilísticas, temporais, humanas, xeográficas, laborais… están magnificamente representados neste Ars Lachrimae. Co seu laúde barroco, o seu arquilaúde, o seu laúde renacentista e a súa guitarra barroca, Enrike Solinis comparte en Ars Lachrimae unha parte da enorme variedade da familia dos laúdes; instrumentos de cuxa herdanza, dende a chegada a Europa de mans dos músicos árabes da Península Ibérica, da tradición dos seus tanxedores que sempre souberon transmitir o espírito fugaz de cada época e de acubillar grandes ideas dende a soidade do seu pequeno instrumento, da súa flexibilidade para a arte da adaptación, dan cumprida conta autores ingleses (John Johnson, John Dowland), españois (Alonso Mudarra, Luys de Narváez, Gaspar Sanz), franceses (Robert de Visée, Sainte-Colombe, Couperin LeMoyne) ou o mesmísimo Johann Sebastian Bach nestas suites, danzas e composicións seleccionadas por Enrike Solinis para deseñar a súa particular e persoal historia do laúde. Ars Lachrimae é unha patente demostración da sensibilidade do seu intérprete, recoñecido especialista en instrumentos de corda pulsada, virtuoso laudista; un artista atraído pola música de diferentes culturas, rexións e épocas que atesoura unha intensa, persoal e singular carreira que o ten levado a colaborar coas máis reputadas agrupacións de música antiga, compartindo a súa sobresaínte técnica e a súa versatilidade expresiva en prestixiosos escenarios, e a fundar o seu propio conxunto, o Euskal Barrokensemble que supón outra proba máis da rica diversidade da personalidade musical de Enrike Solinis.

 

ENRIKE SOLINIS  laúde barroco / arquilaúde
Nacido en Bilbao en 1974, realizou os estudos superiores de guitarra e música antiga no Conservatorio J. C. Arriaga da súa cidade natal e na Escola Superior de Música de Cataluña, respectivamente. Obtivo o Posgrao de Concertista Cum Laude das mans do mestre José Tomás e foi premiado en numerosos concursos internacionais de guitarra como o Concurso Internacional de Comillas, o Concurso Internacional Ataulfo Argenta ou o Concurso Internacional Andrés Segovia, entre outros. Sempre se sentiu atraído pola música de diferentes culturas, rexións e épocas, reflexando esta diversidade na súa traxectoria e personalidade musical, que, unida á súa capacidade técnica e expresiva, fai que moitos o consideren un dos máis destacados e máis persoais virtuosos da súa xeración. Durante anos ten sido convidado como solista e continuista por prestixiosas formacións musicais especializadas en música antiga do talle de Hesperion XXI, Le Concert des Nations e Capella Reial de Catalunya (Jordi Savall), Concerto Vocale e Akademie für Alte Musik Berlin (René Jacobs), Le Concert D’Astrée (Emmanuelle Haïm), The Rare Fruits Council (Manfredo Kraemer), entre outras, percorrendo boa parte dos escenarios máis significativos de Europa e América: Carnegie Hall de New York, Konzerthaus Berlin, Champs Elysées de París, Theater an der Wien, Barbican Center en Londres, Sala Nezahualcoyoti de México, o Festival Leo Brouwer de La Habana, etc. En 2006 decide crear en Bilbao o seu propio grupo, Euskal Barrokensemble, e desenvolver as súas ideas xunto con este grupo de músicos con quen, dende unha perspectiva moi persoal, con frescura e proximidade nunha interpretación chea de vida e sentido que deixa un espazo importante á improvisación e recrea a música de moi diferentes épocas, ten logrado facerse un oco no panorama internacional da música antiga. As súas gravacións servíronlle como trampolín para actuar nos teatros e festivais máis importantes: Viena Konzerthaus, Ludwigsburg Festival, Fontfroide Festival, Stockholm Early Music Festival, Spring Festival Prague, Bilboko Musika-Mísica, Quincena Musical de San Sebastián, Auditorio Nacional de Madrid, Brujas Konzertgebouw, Regensburg Festival, Montreal Baroque, Festival de Música Antigua de Sevilla, Flamenco Bïennale Nederland, NDR das Alte Werk, Fontfroide Abadía Festival etc.