CINEMA, DOC, MÚSICA…
Sede Afundación (rúa do Vilar, 19)
4-5 outubro 2022 | 19.00
asistencia gratuíta até completar o aforo
CINEMA, DOC, MÚSICA…
Como ilustrativo complemento didáctico, o festival Ateneo Barroco volve achegar unha serie de sesións cinematográficas e documentais. Relacionados directa ou indirectamente cos programas, estes filmes enriquecen os contidos do festival e ofrecen unha panorámica suplementaria de aspectos musicais, de eventos históricos, de personaxes, en resumo, de historias do Barroco e as súas músicas, filtradas a través da visión de cineastas, músicos, artistas, escritores, musicólogos e especialistas.
VISION. AUS DEM LEBEN DER HILDEGARD VON BINGEN
(Visión. A historia de Hildegard von Bingen)
Margarethe von Trotta. Filme, 2009. 106´
Barbara Sukowa, Heino Ferch, Hannah Herzsprung, Gerald Alexander Held
Sede Afundación (rúa do Vilar, 19)
martes 4 outubro 2022 | 19.00
Barbara Sukowa protagoniza a Hildegard von Bingen, monxa alemá que dende nena tivo visións sobrenaturais e cuxa fama traspasou os muros do seu convento. A directora berlinesa Margarethe von Trotta filmou en 2009 a súa lectura desta personaxe nada en Renania en 1098, unha muller adiantada á súa época, a Idade Media, que foi abadesa da súa congregación, que tiña coñecementos de medicina natural, escritora, compositora…
NANNERL, LA SOEUR DE MOZART
(Nannerl, a irmá de Mozart)
René Féret. Filme, 2010. 120’
Marie Féret, Marc Barbe, Delphine Chulliot, Lisa Féret
Sede Afundación (rúa do Vilar, 19)
mércores 5 outubro 2022 | 19.00
Nannerl, a irmá de Wolfgang Amadeus Mozart, nena prodixio como o seu irmán, tamén foi presentada polo seu pai Leopold nas cortes de Europa. Cantante, clavecinista, violinista, o seu talento quedou eclipsado polo seu irmán e a súa carreira freada polas convencións da época. O director francés René Féret elixiu á súa propia filla Marie para protagonizar un filme de época no que ofrece a súa visión do que puido ser a vida de Anna Maria Mozart.