COMPOSITORES, XÉNEROS E CONTEXTOS
charlas e encontros cos artistas, a música e os seus instrumentos

A actividade complementaria e didáctica do Festival Ateneo Barroco formúlase co obxectivo de facilitar, dun xeito distendido e próximo, o achegamento aos artistas e os seus instrumentos, á música e a súa historia, tomando como base os contidos do Festival. As breves sesións teñen lugar previamente ao concerto no espazo de celebración de cada actuación e, sen dúbida, volverán a contribuír a preparar ao público para unha audición máis enriquecedora de cada concerto. Os protagonistas destes encontros son os artistas do Festival, músicos especialistas e profundos coñecedores das súas ferramentas de traballo e dos contidos dos seus programas de concerto, nesta quinta edición do Festival centrados nas figuras de compositoras e compositores singulares como Johann Sebastian Bach, Jean-Philippe Rameau, Karl Friedrich Abel, Georg Friedrich Haendel, Heinrich Ignaz Franz von Biber, etc., dos que descubriremos enriquecedoras achegas sobre as súas composicións, os seus recursos expresivos e estilísticos e os moi diversos ambientes, contornas e circunstancias, recursos, esixencias e oportunidades, público e destinatarios, nos que xurdiu a súa obra, así como dos feitos, circunstancias e argumentos que na actualidade motivan ao intérprete a súa recuperación e presentación ante o público.

Compositores, xéneros e contextos #1
ABEL / A VIOLA DA GAMBA
SARA RUIZ
Igrexa da Universidade
mércores 4 outubro 2023

Compositores, xéneros e contextos #2
RAMEAU / CUARTETOS
ANDRÉS ALBERTO GÓMEZ
Igrexa da Universidade
martes 10 outubro 2023

Compositores, xéneros e contextos #3
HAENDEL / A CANTATA
JONE MARTÍNEZ / MASSIMO SPADANO
Salón Teatro
luns 16 outubro 2023

Compositores, xéneros e contextos #4
A ARTE DA FUGA / BACH
KENNETH WEISS
Teatro Principal
mércores 18 outubro 2023

Compositores, xéneros e contextos #5
ROMANCES, BAILAS E TOADAS DO BARROCO HISPANO
VANESA MUELA / MANUEL VILAS
Teatro Principal
venres 20 outubro 2023

Compositores, xéneros e contextos #6
BIBER E O VIOLÍN / SONATAS DO ROSARIO
LINA TUR BONET
Salón Teatro
mércores 25 outubro 2023