INSTRUMENTOS, XÉNEROS E CONTEXTOS
charlas e encontros cos artistas, a música e os seus instrumentos

A actividade complementaria e didáctica do Festival Ateneo Barroco formúlase co obxectivo de facilitar, dun xeito distendido e próximo, o achegamento aos artistas e os seus instrumentos, á música e á súa historia, tomando como base os contidos do festival. As breves sesións terán lugar pola tarde, previamente á celebración de cada actuación, e, sen dúbida, volverán a contribuír a preparar ao público para unha audición máis enriquecedora de cada concerto. Os protagonistas destes encontros son os artistas do festival, músicos especialistas e profundos coñecedores das súas ferramentas de traballo e dos contidos dos seus programas de concerto. Nesta oitava edición do Ateneo Barroco, os músicos conducirán estes encontros principalmente á presentación e explicación das características e particularidades dos seus instrumentos, entre os que o público poderá descubrir rarezas nos nosos días como o quintón ou o colascione, a familia das violas de roda e zanfonas barrocas, as diferencias entre o fagot ou o violín barroco con respecto aos seus irmáns modernos, a transcendencia da voz como instrumento no Barroco, a variedade da familia das violas da gamba ou as posibilidades e características técnicas do clavecín. Nestes encontros o público descobre e recibe enriquecedoras achegas sobre as súas composicións, os seus recursos expresivos e estilísticos e sobre os moi diversos ambientes, contornas e circunstancias, recursos, esixencias e oportunidades, público e destinatarios, nos que xurdiron as obras, así como dos feitos, circunstancias e argumentos que, na actualidade, motivan ao intérprete á súa recuperación e presentación ante o público.

 

Instrumentos, xéneros e contextos #1
O VIOLÍN BARROCO E BACH
LINA TUR BONET
Igrexa da Universidade
martes 6 outubro

Instrumentos, xéneros e contextos #2
A VOZ NO NACEMENTO DA ÓPERA
RAQUEL MENDES
Teatro Principal
mércores 7 outubro

Instrumentos, xéneros e contextos #3
AS VIOLAS DE RODA
XURXO ROMANÍ
Igrexa da Universidade
venres 9 outubro

Instrumentos, xéneros e contextos #4
COLASCIONE E FAGOT BARROCO
FERNANDO REYES
ROGERIO GONÇALVES
Salón Teatro
martes 13 outubro

Instrumentos, xéneros e contextos #5
O CLAVE E OS SEUS IRMÁNS
BERTRAND CUILLER
Teatro Principal
venres 16 outubro

Instrumentos, xéneros e contextos #6
O QUINTÓN E OUTRAS VIOLAS DA GAMBA
FAHMI ALQHAI
Salón Teatro
martes 20 outubro